lunes, 15 de octubre de 2012

Ferramentas para urbanismo

Hoxe queremos falaros de sitios web nos que se recopila e difunde infomación moi útil para o voso estudo. Son sitios dos que xa os falamos outras veces, pero que agora co comenzo do curso queremos que teñades en conta por si os esquecichedes ou por si alguen inda non os coñece:

-- Información urbanística de Galicia. En xuño de 2005, a web de información urbanística de Galicia entra en servizo para permitir consultar e descargar o planeamento urbanistico dos concellos galegos, as normas subsidiarias provinciais e a lexislación urbanística xeral e sectorial de aplicación en Galicia.

--SITGA.  A Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia (IDEG) xorde como resposta á Directiva 2007/2/CE, do 14 de marzo de 2007, pola que se establece unha infraestrutura de información espacial na Comunidade Europea (INSPIRE). Na IDEG reúnense, trátanse e intégranse datos metadatos e servizos vinculados a Galicia susceptibles de ser localizados xeograficamente.

--IET. O instituto de estudos do territorio , ten creado un punto de acceso a información xeográfica de toda Galicia . Dende esta plataforma podense descargar as follas a escala 1:5000 cun simple click das series cartográficas xeradas no "Instituto de Estudos do Territorio" de forma libre e en formatos abertos.

No hay comentarios: