Dentro do programa académico do Master Universitario de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega contémplase a realización de traballos que teñen por obxectivo reforzar a formación práctica dos alumnos. Con estes traballos preténdese conectar a formación coa realización de estudos reais en diferentes contornas de Concellos de Galicia, apoiando deste xeito o seu desenvolvemento urbanístico de acordo cos parámetros que esixe unha adecuada integración paisaxística.
A exposición que se presenta na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, recolle algúns dos mellores proxectos realizados polos alumnos do master desde a súa posta en marcha no ano 2006. Entre eles figuran proxectos realizados na contorna da Torres de Hércules, na Mina das Pontes, no río Anllóns e un estudo paisaxístico das Fragas do Eume.
O Master Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega é un título oficial da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela, impulsado e patrocinado pola Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega. A súa estrutura e contidos están adaptados ás directrices do proxecto europeo Lle-Notre e a súa finalidade é que o estudante adquira unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientada á especialización profesional en Arquitectura da Paisaxe.

No hay comentarios:
Publicar un comentario