O vindeiro lúns, 2 de xuño, ás 13 horas, inaugurarase no Recuncho de lectura a exposición “Felicidade clandestina”. Trátase da exhibición de 10 textos de alumnas e alumnos que foron seleccionados nese concurso literario, no que relatan a relación que tiveron cun libro especial da sua infancia, e 10 imaxes das obras escollidas.
Ademáis informarvos de que na biblioteca están expostas as obras enviadas á II convocatoria de mail art "A memoria ferida: memoria e esquecemento", na que participaron perto de 200 artistas de 23 países (Galicia, España, Portugal, Brasil, Francia, Alemania, USA, Finlandia, Xapón, Grecia, Australia, Italia...) entre os que están alumnas, alumnos, PAS e docentes do centro. Unha mostra moi variada na que quedan recollidos anacos espallados de memorias presentes e perdidas: memoria histórica, alzheimer, infancia, guerras...
Tedes máis información de ambas actividades no blogue http://bibedu.blogaliza.org/, con enlace a textos seleccionados, exposición virtual da mostra de mail art...
Ambas exposicións poderán visitarse ata o 15 de setembro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario