
A idea fai referencia ao American Dream como símbolo do que anhela todo un país, o obxectivo final que hai que alcanzar na vida: ter unha vivenda en propiedade. Este desexo lexitimou un modelo social baseado na produción indiscriminada, amparado pola especulación bancaria.
Spanish Dream alude especialmente ao emocional, recreando escenas familiares en espazos de obras sen terminar cun aspecto pouco doméstico que probablemente nunca chegará a telo. O proxecto propón a reflexión sobre unha sociedade que, arrastrada polo afán de converterse en propietaria, esqueceu o verdadeiro sentido do habitar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario