O arquitecto británico Richard Rogers obtivo o Premio Internacional Fundación Cristobal Gabarrón de Artes Plásticas 2011 en atención ao "dinamismo e orixinalidade dunha obra arquitectónica caracterizada por unha equilibrada combinación de funcionalidade e beleza e polo seu compromiso cos retos sociais e ambientais do noso tempo, plasmados especialmente nun labor urbanístico marcada pola sustentabilidade".Estes Premios buscan recoñecer o labor e distinguir a traxectoria exemplar,
tanto de particulares como institucións, comprometidas na defensa daqueles
valores que constitúen os principios reitores da propia
Fundación, así como a súa achega á humanidade en cada unha das súas
categorías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario