jueves, 16 de junio de 2011

Formación en Scopus

Scopus é unha base de datos que ofrece o acceso a máis de 18.000 publicacións científicas, técnicas, médicas e de ciencias sociais procedentes de 5.000 editores internacionais. Preséntase como a maior base de datos individual de resumos e citas xamais construída.
Durante a próxima semana haberá unhas xornadas de formación para bibliotecarios e para PDI, nos campus da Coruña -pola mañá- e Ferrol -pola tarde.
Na Coruña serán na aula 3.0 da Facultade de Informática, en Ferrol na aula de informática do Edificio de Apoio ao Estudo.
Máis información na páxina da FECYT.

No hay comentarios: