lunes, 28 de marzo de 2011

Taller de iniciación ao debuxo

Perante os meses de abril e maio organizarase un taller de iniciación ao debuxo na Fundación Granell de Santiago de Compostela. O debuxo é unha linguaxe universal que serviu sempre para transmitir coñecementos, impresións e ideas; coas novas tecnoloxías, a percepción que sobre a docencia do debuxo clásico se xerou, produxo un importante retroceso nas aulas, considerado algo como de tempos pasados. Nada máis lonxe da realidade. O obxectivo do taller é introducir ao alumno no coñecemento do entorno, neste caso Compostela, debuxando a cidade. Horario do curso: venres: 17:00 -19:00 h. sábado: 11:00-13:00 h. prezo: 80 euros imparte: Pablo Tomé Ferreiro

No hay comentarios: