martes, 29 de marzo de 2011

Duchamp, meme

É un ciclo de conferencias organizado polo Departamento de Composición da ETSAC adicado a explorar o legado que para a arquitectura supón a obra de Marcel Duchamp.
En diversas sesións, ao longo deste ano, intervirán especialistas co acompañamento de pezas cinematográficas, musicáis e literarias. Este mercores 30 de marzo no salón de actos da Escola a partir das 10:00 h. haberá unha sesión na que participarán entre outros Fernando Agrasar e Luz Paz profesores desta Escola.

Podedes completar a vosa información sobre este autor consultando o fondo bibliográfico da biblioteca.

No hay comentarios: