miércoles, 2 de marzo de 2011

Homenaxe a cidades e outros lugares de Luis Seoane

A primeira exposición que a Fundación Luís Seoane realiza cos fondos da súa colección neste ano 2011 céntrase nun aspecto pouco coñecido do traballo de Luís Seoane: a influencia da contorna urbana e físico no desenvolvemento da súa creatividade.
As cidades e as paisaxes, o transvasamento contínuo do sinal histórico e dos ambientes dos diferentes lugares polos que o artista pasa en conxunción coas súas vivencias persoais: todo iso reflíctese de xeito case instantáneo en óleos, gravados, debuxos, carteis...

No hay comentarios: