O Adobe Museum of Dixital Media abre as súas portas virtuais desde esta semana, mostrando unha nova proposta interactiva ao redor dos medios dixitais, conxugando espazos arquitectónicos futuristas e novas tecnoloxías.Neste museo reflíctese a importancia e o impacto dos medios dixitais na vida humana diaria actual. O museo pretende ser un repositorio dinámico de exposicións eclécticas. Ademais da exposición tamén se pode visitar o edificio virtual, construído polo arquitecto italiano Filippo Innocenti, que está formado por tres torres biomórficas de 15 pisos, recubertas de escamas brillantes parecidas ao marfil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario