martes, 8 de febrero de 2011

ata sempre

Hoxe deixounos Juan Luis Dalda Escudero, doutor arquitecto, urbanista, profesor titular de "urbanística e ordenación do territorio" na ETSA da Coruña. Da súa Oficina de planeamiento, saíron numerosos proxectos urbanísticos para distintos concellos galegos; recoñecido con premios tanto a nivel nacional como internacional, foi tamén autor de libros, artigos periodísticos, ...
Pero desde este blog o que queremos salientar é a súa categoría humana; afable, cariñoso, gran conversador, desas persoas que cando falas con elas, sempre aprendes algo, o mestre que todos quixéramos ter.
Compañeiro-presidente da comisión de biblioteca da ETSA-Coruña. Lembrarémoste sempre.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O caso é que foi o mestre de quen aprendín máis na escola. Non faltei a ningúnha das súas clases teóricas, entraba con ilusión e fame de aprender ¡Iso, que aquela, non tíñamos exame! Foi capaz de ilusionarme despois de cinco cursos de sarcasmo e chiste fácil, que o único que ocultaba era a falta de criterios disciplinates. Cando todo era un mundo de mestres grises, enchidos de si mesmos, eu vin a seguridade que daba a práctica profesional e que os fundamentos teóricos tiñan unha realidade práctica. A URBANÍSTICA como disciplina profesional. como nos repetía: A urbanística é unha disciplina, non o urbanísmo. Quedan no recordo jocoso o impacto da súa personalidade nas nosas, moito máis crúas: ¿Cantos de nos empezamos a fumar picadillo despois da primeira clase? Así mesmo, tamén fora, no mundo profesional, xa na competencia, sempre foi un referente para min, un modelo das cousas ben feitas. A verdade, o igual que no de liar o tabaco, todos estabamos atentos e replicábamos as seus criterios normativos e de ordenación.

Agora o que me preocupa son os sinais. A morte de JL Dalda e "la medalla de oro" a MG serán sinais da chegada do anticristo. Deus nos colla confesados.