lunes, 7 de febrero de 2011

Agora é isto

Esta mostra amosará ata o 31 de marzo varias propostas interesantes dentro do panorama galego da arte contemporánea, con artistas relacionados coa arte urbana ou o graffiti. Reflicten nas súas propostas a influencia da sociedade urbana, o mundo da banda deseñada e a ilustración, o post-graffiti e a cultura do faino ti mesmo. Participan Víctor Hugo Costas, Alberto Gracia, Tronquis, Sekone, Pilas, Tayone e Luís Díaz e está comisariada por Nano 4814.
Podemos vela no novo espazo de intervención cultural Normal, situado no que foi a Escola de Maxisterio da Coruña, en Riazor.

No hay comentarios: