lunes, 23 de marzo de 2009

Novo libro de Javier Maderuelo

A editorial Akal ven de editar o libro La idea de espacio en la arquitectura y el arte contemporáneos, 1960-1989 de Javier Maderuelo. Partindo da idea primixenia do seu ensaio El espacio raptado, publicado en 1990 e no que falaba sobre as interferencias da escultura na arquitectura, nesta nova obra profundiza máis en conceptos como monumento, arte público, urbanismo ou deconstrución. Adica moitas páxinas tamén á relación da arte coa natureza e a arquitectura coa paisaxe.

No hay comentarios: