O artista plástico James Turrell construe no parque gaditano de esculturas da Fundación Montenmedio, unha estrutura subterránea chamada Second Wind 2005, na que o elemento principal é a luz. A súa forma piramidal deixa ver un anaco de ceo e no interior alberga unha estupa de pedra sobre unha cisterna con auga. Nesta obra non hai ningún lugar concreto que atrape a nosa mirada, é un espazo-en palabras do autor-autorreflexivo no que as formas son un soporte para a luz.
máis información
No hay comentarios:
Publicar un comentario