jueves, 4 de diciembre de 2014

Teses de doutoramento.....e máis

Este días concentraronse varias noticias importantes na Escola por iso agrupamolas todas e vos facemos un resumo :

-Lectura da tese de doutoramento HILBERSEIMER. O URBANISMO DA GRAN CIDADE
polo Doutorando: José Antonio Sumay Rey. Tese dirixida por José Ramón Alonso Pereira.
Será mañán venres 05 de decembro de 2014, ás 11:00h no  Salón de graos. Edificio de departamentos da ETSAC.
 
-Lectura da tese de doutoramento O XOGO COMO MECANISMO DE COMPOSICIÓN.
polo Doutorando: Federico Carro Gil. Tese dirixida por María Carreiro e Fernando Agrasar.
Esta tese leuse hoxe na Escola, en breve poderedes atopala no noso RUC.
 
-Conferencia de Javier Suances sobre Ourense e as súas ArquitecturasMañán Venres 5 de Decembro ás 11:00 h. na Aula E01 da Escola.
Organiza grupo de investigación pARQc proyecto arquitectura y ciudad

-O traballo fin de mestrado do pasado curso sobre O MOSTEIRO DE FERREIRA DE PALLARES. EVOLUCIÓN ARQUITECTÓNICA E ESTUDO DA SÚA FERREIRÍA pertencente ao Mestrado Universirtario de Rehabilitación Arquitectónica MURA, do que é autor José Ángel Santos Núñez, baixo a dirección de J. R. Soraluce, Departamento de Composición, obtivo o Premio de Investigación do Condado de Pallares da Deputación de Lugo, consistente nun premio en metálico e a súa posterior publicación.
Xa podedes consultalo na Biblioteca.

 

No hay comentarios: