viernes, 2 de mayo de 2014

Milagros Rey Hombre

 O Salón de Actos da nosa Escola acollerá o luns, 5 de maio, ás 12.00 horas, un acto en memoria de Milagros Rey Hombre, arquitecta recentemente falecida. Intervirán neste acto o director da escola, Fernando Agrasar, así como as profesoras María Carreiro e Paula Fernández-Gago, que como preámbulo presentarán os resultados do proxecto de investigación MAGA, Mulleres Arquitectas de Galicia, con especial atención aos datos relativos á presenza das mulleres na nosa Escola de Arquitectura.
Milagros Rey Hombre (Madrid, 1930-A Coruña, 2014), doutora en arquitectura, foi unha das primeiras arquitectas españolas, nuns tempos en que a presenza das mulleres nas carreiras técnicas era un feito excepcional.

Tamén este luns ás 16:30 h. , no salón de actos da Escola, nova sesíon do "Seminario Hábitat a Escala Humana " coa presencia de Carlos González Lobo e Mª Eugenia Hurtado profesores da Facultade de Arquitectura da Universidad Autónoma de Méjico.

No hay comentarios: