jueves, 27 de marzo de 2014

A ARQUITECTURA DE JOSÉ MIGUEL DE PRADA POOLE: TEORÍA E OBRA

Este é o título  da tese de doutoramento de Nuria Prieto Gonzalez, baixo a Dirección / Titor: Vicente Serrablo / José Benito R. Cheda e que presentará mañán venres 28 no Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC, ás 11h00.
O arquitecto José Miguel De Prada Poole, premio Nacional de Arquitectura 1975, é especialista en estruturas neumáticas, lixeiras, tensadas. A súa longa traxectoria profesional foi recoñecida tanto nacional como internacionalmente.

Tamén mañan podemos elexir e asitir a unha das conferncias que se desenvolverán na Escola:

-"Patología en estructuras de madera : casos prácticos de intervención" por Manuel Touza Vázquez,
organizada polo mestrado de rehabilitación arquitectónica.
Comezará ás 10:00 h. na Aula ED5 do Edificio Departamentos ETSAC
Na Biblioteca podedes consultar ampla bibliografía sobre este tema.

-César Portela , arquitecto e profesor desta Escola, impartirá unha conferencia na ETSAC baixo o título: Rehabilitación de fábricas ,organizada polo Departamento de Composición e Mestrado de Rehabilitación arquitectónica. Será no salón de actos da Escola, ás 12:00h.
Na Biblioteca podedes consultar a obra deste arquitecto.

No hay comentarios: