miércoles, 20 de marzo de 2013

No "sepelio" de Google Reader



Para os adictos ao RSS.

En relación ao problema que xurdiu co peche de Google Reader previsto para o 1 de xullo, só podemos dicir que polo momento non parece que exista no mercado un substituto claro que ofreza as funcionalidades que gozabamos ata agora co lector de Google, polo menos cun nivel de calidade satisfactorio ou cunha aprobación maioritaria.  Nós o estamos a intentar con Feedly.

Isto é debido a que Google Reader, cando fixo a súa irrupción no mercado alá polo 2005, conseguiu atraer a un número tal de usuarios que abocou ao resto de servizos a unha posición marxinal. Neste contexto, e sobre todo co xurdimento de novos dispositivos como os smartphones e as tablets, foron aparecendo distintas aplicacións, non tanto co ánimo de substituír a Google Reader, como si de complementalo. Así, ferramentas como Feedly ou Flipboard, tiveron certo éxito ao ofrecer unha visualización moito máis amigable que Google Reader, pero  sen tratar de competir noutro tipo de áreas (xestión de feeds, etc.). De feito, a primeira delas, Feedly, xa ofrecía dende o primeiro momento a posibilidade de sincronizar a súa conta coa de Google, o que deixaba clara a súa estratexia.

Por iso, aínda que agora a web estea a encherse de comentarios, análises e recomendacións sobre cal pode ser a ferramenta idónea para a migración de datos, cremos que o mercado non está maduro nin preparado para dar unha resposta satisfactoria a curto prazo  e que agora se abre un tempo para a aparición de novos servizos (ou de servizos xa actuais, pero con melloras substanciais nas súas funcionalidades) que si teñan como obxectivo captar aos centos de miles de usuarios seguidores desta tecnoloxía. Ábrese a porta a un importante mercado que Google Reader deixa orfo e a bo seguro que alguén saberá aproveitar esta oportunidade. Neste sentido, os propietarios de Digg (servizo de noticias 2.0) anunciaron que están a preparar un lector de RSS que  substitúa con garantías ao servizo de Google. Oxalá.

Mentres tanto, o noso consello é aguantar, obter un arquivoOPML  con todos os nosos feeds e gardalo baixo chave, crear unha conta nalgunha das distintas alternativas existentes coma Feedly  e estar permanentemente atento ao mercado. Nós seguiremos a informar.

Enlazamos varios posts de lectura recomendada.

Shock ante o peche de Google Reader:

Alternativas:

As alternativas que están por chegar:


Como exportar  os teus feeds:



2 comentarios:

María Dolores Sánchez Fernández dijo...

Muy bueno.
Enhorabuena me ha encantado. Saludos y ánimos,
María Sánchez

Marco dijo...

Muchas gracias! Gran aporte