lunes, 23 de abril de 2012

Vicente Risco : Etnografía espiritual

Este é o titulo da nosa nova exposición na biblioteca. Escollimos o día de hoxe para súa inauguración por coincidir co día do libro e asi deste modo contribuir a celebración deste día tan importante.
Esta obra de Risco forma parte do volume primeiro da famosa Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo publicada en Bos aires pola editorial Nós en 1962. A que agora vos presentamos é unha nova edición desta obra a que acompañan sete serigrafías de Alfonso Abelenda, Correa Corredoira, Gosia Trebacz.
Como complemento da exposicíon fixemos unha apunta bibliográfica sobre etnografía en Galicia e ademáis engadimos algunhas das serigrafías que aparecen na obra "Etnografía :cultura material de Xaquín Lorenzo Fernández da cal xa fixemos anteriormente outra exposición na biblioteca.
Con estas actividades pretendemos difundir o rico catalogo bibliografico que posúe a biblioteca e que por motivos de conservacion non pode estar na sala para consulta directa .

No hay comentarios: