jueves, 1 de marzo de 2012

Manuel de Solá-Morales

Se a semana pasada despedíamos a Luís Moreno Mansilla hoxe tócalle a Manuel de Solá-Morales, coñecido como o arquitecto que levou Barcelona ao mar.

Discípulo de Ludovico Quaroni en Roma e de Josep Lluís Sert en Harvard, tivo unha importancia decisiva nos cambios urbanísticos da Barcelona dos Xogos olímpicos de 1992 pola súa intervención na transformación da fronte marítima e a remodelación do Moll da Fusta.

No campo da investigación é autor de estudos, libros, artigos e exposicións e fundador das revístas Ciencia urbanística, Arquitecturas Bis e UR: Urbanismo-Revista, que se poden consultar na nosa biblioteca.

No hay comentarios: