viernes, 23 de marzo de 2012

Lewis Hine

Como recomendación para o fin de semana queremos falarvos dá obra do fotografo Lewis Wickes Hine, estadounidense (nacido en Oshkosh, Wisconsin en 1874 e falecido en Nova York en 1940) coñecido principalmente polas súas imaxes dos inmigrantes que chegaban á Illa de Ellis, Nova York e por documentos fotográficos que reflectían as condicións laborais nos Estados Unidos da época.

Pero o labor de Hine non quedou simplemente na beleza das súas fotografías, se non que con elas, e coñecendo o valor persuasivo da fotografía, presionaba ás autoridades para mellorar as condicións laborais dos traballadores e inmigrantes e para mellorar leis relacionadas cos traballos de menores e a seguridade no traballo.
Invitámosvos a que vexades o novo libro que adquiriu a biblioteca sobre este artista.

No hay comentarios: