lunes, 12 de marzo de 2012
China : Premio e Exposición
Non só se fala de China en economía, pois estes días a noticia é a concesión ao arquitecto chinés Wang Shu do premio Pritzker, considerado o Nobel da Arquitectura, por unha obra artesanal, respectuosa co medio ambiente e de gran profundidade filosófica, na que conviven de forma armoniosa tradición e modernidade.
"O feito de que se elixiu a un arquitecto chinés supón un importante paso no recoñecemento do papel que vai xogar China no desenvolvemento dos ideais arquitectónicos. Ademais, o éxito do urbanismo chinés nas próximas décadas será importante, non xa para China, senón para o mundo enteiro .Este urbanismo, como o do resto do mundo, require estar en harmonía coa cultura e as necesidades locais" e, no caso de China, debe compatibilizar "as súas tradicións e o seu pasado coas esixencias dun desenvolvemento sostible", segundo o promotor do galardón, Pritzker".
Tres das obras principais de Wang Shu son a Biblioteca do Colexio Wenzheng na Universidade de Suzhou, o Museo de Historia da cidade portuaria de Ningbo e o Campus Xiangshan de Belas Artes de Hangzhou, así como o pavillón de Tengtou-Ningbo na Exposición Universal de Xangai.
En paralelo a esta noticia podemos visitar na delegación do COAG en Coruña ata o 30 de marzo
a exposición fotográfica "Memorias de China", obra de Afonso Novo que presenta unha colección de imaxes que pretende ser un percorrido pola memoria do autor, resultado da convivencia diaria coa sociedade Chinesa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario