miércoles, 21 de diciembre de 2011

Cámara Barroca

Durante as vacacións de Nadal podemos visitar no Museo de Belas Artes da Coruña a exposición Cámara Barroca.
Esta mostra presenta a visión que do barroco galego fan os fotógrafos Vari Caramés, José Caruncho, Xurxo Lobato, Tino Martínez, Eduardo Ochoa e Xoán Piñón. A exposición esta composta por 60 fotografías nas que os autores establecen un diálogo co barroco e interpretan a súa arquitectura e escultura sen esquecer a paisaxe no que se inscriben moitas das arquitecturas. O catálogo da exposición pode consultarse na biblioteca.

No hay comentarios: