martes, 22 de noviembre de 2011

Premios ENOR 2011

O premio para o mellor proxecto de Galicia recaeu este ano no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, do estudo de Santiago RVR Arquitectos. Un gran oco atravesa transversalmente o edificio conectando o camiño que parte do aparcadoiro co que vertebra as circulacións a través do parque. Este oco é tamén o zaguán de entrada aos principais espazos públicos do centro: vestíbulo, espazos de exposición e tenda-cafetería. A construción dunha rede de camiños e carreiros fixo posible a integración dos grupos de petróglifos nun conxunto de percorridos coherente, que permiten ao visitante ir descubrindo os gravados a medida que percorre o parque.

Fotografía de Tono Mejuto

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pódese consultar planimetría e imaxes do Parque Aqueolóxico de Arte Rupestre, así como o resto dos premiados, na web dos Premios Enor (http://www.enor.es/premio/), descargando o pdf libro, ou visualizándoo. (http://www.enor.es/premio/?p=16)