viernes, 14 de octubre de 2011

Antoni Ubach

O ciclo de conferencias Proxecto Investigación 2,que se celebrará todos os luns do 17 de outubro ao 28 de novembro de 2011, propón un achegamento aos procesos lóxicos da ideación, á súa sistematización e transmisión. Procesos susceptibles de xerar un discurso arquitectónico propio, elaborado coas ferramentas adquiridas a través da indagación crítica.

A primeira destas conferencias celebrarase este luns 17 de outubro e será impartida por Antoni Ubach quen afrontará o reto de explicar a súa relación coa experimentación controlada, co traballo na fabricación industrializada .

No hay comentarios: