Na Fundación Barrié da Coruña podemos ver , por primeira vez en Europa, a exposición "La Morada del hombre. Fotografías de la Colección Martin Z. Margulies".A través de 50 autores e máis de 165 imaxes entre fotografías e vídeos, explora a cuestión de como o home habita no mundo, interactúa con el, modifícao e, en definitiva, deixa a súa pegada na realidade das emocións, da vida, do traballo, da natureza. A exposición articúlase ao redor de tres áreas: Construír, habitar: cartografiar territorios, que inclúe a serie de Alain Bublex, Plug in City; Estar no mundo, con obras de Le Friedlander ou Renger-Patzsch; e Fluxos, signos e símbolos,na que destaca o traballo de William Eggleston.
No hay comentarios:
Publicar un comentario