lunes, 13 de junio de 2011

Especies de espacios verdes

Jordi Bellmunt impartirá esta conferencia o mércores, 15 de xuño, ás 12 horas no Salón de Graos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
A devandita conferencia enmárcase dentro das actividades que a Escola Galega da Paisaxe está a realizar para promocionar a nova edición do Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega.
Con estas conferencias, impartidas por profesionais de recoñecido prestixio en arquitectura da paisaxe, preténdese transmitir aos potenciais alumnos, que tipo de proxectos realiza un arquitecto paisaxista, como se abordan e que aspectos se deben ter en conta no deseño e execución dos mesmos.

Na biblioteca fixemos unha selección de libros que teñen que ver con este tema para que podades consultalos.

No hay comentarios: