miércoles, 1 de junio de 2011

Cursos de verán 2011

A Universidade ven de convocar a súa oferta de cursos para este verán. Podedes consultalos na web da UDC.
O curso máis relacionado coa arquitectura é VIVENDA E ESPAZOS DE RELACIÓN NOS NÚCLEOS TRADICIONAIS DE GALICIA 4. CASAS, ALDEAS, PARROQUIAS que se desenvolverá entre o 4 e o 8 de xullo no Concello de Allariz.
Nesta cuarta edición empregarase como área de traballo outra parroquia na que continuarase tendo en conta a necesidade urxente de recuperar os espazos de relación do rural galego e a esixencia de adaptación ás novas demandas sociais. A aproximación á zona formúlase desde diferentes disciplinas: xeografía, ordenación do territorio, medio ambiente, fotografía, arqueoloxía e arquitectura.

No hay comentarios: