viernes, 8 de abril de 2011

Eduardo Souto de Moura

O arquitecto portugués Eduardo Souto de Moura obtivo recentemente o Premio Pritzker de arquitectura 2011, distinción que se outorga anualmente a un arquitecto vivo cuxos traballos realizados demostren unha combinación de talento, visión e compromiso, e que contribúa de forma significativa á humanidade e ao medio ambiente mediante a práctica da arquitectura. O xurado destacou da súa obra que "os seus edificios teñen a habilidade única de transmitir ao tempo características aparentemente contraditorias: poder e recato; bravuconería e delicadeza; autoridade e descaro público e sentido da intimidade. No catálogo da biblioteca pódese documentar a súa obra, a maioría en Portugal pero tamén en España, Italia....

No hay comentarios: