martes, 22 de febrero de 2011

Urbanismo universitario e sustentabilidade

A Universidade, como institución dedicada á transmisión do coñecemento a través da investigación e a docencia, debe desempeñar un papel protagonista na difusión e aplicación de posibles solucións e alternativas aos problemas ambientais aos que se enfronta a sociedade actual.

Con este obxectivo creouse o grupo de traballo para a Calidade ambiental, o Desenvolvemento Sostible e de Prevención de riscos, dentro do marco da CRUE (Conferencia de reitores das Universidades españolas) que recompila a experiencia das universidades sobre a súa xestión ambiental, os seus avances na ambientalización da comunidade universitaria e os seus traballos en prevención de riscos, e fomenta a cooperación entre as mesmas nestas materias.
Durante os días 3 e 4 de marzo na sede da fundación Caixa Galicia na Coruña
debaterase sobre estes temas.
Máis información na vicerrectoría de infraestruturas da Universidade

No hay comentarios: