Xa temos no hall de exposicións da ETSAC dende hoxe, a exposición que conmemora os cen anos da construción dunha das vivendas máis recoñecidas de Frank Lloyd Wright, a casa para o enxeñeiro Frederick C. Robie en Chicago. Unha vivenda que se convertería no paradigma das Prairie Houses, termo acuñado polo arquitecto que reflicte a súa intención de vincular as construcións ao medio físico onde se emprazan.O mércores 20 de outubro, ás 13 horas, no salón de actos da ETSAC, celebrarase unha mesa redonda cos profesores que participaron na exposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario