lunes, 7 de junio de 2010

Solar Decathlon Europe

Expertos de prestixio internacional, como Glenn Murcutt, Senta Morioka, Fiona Cousins ou Manuel Toharia, elexirán a casa solar máis innovadora, eficiente e sostible no Solar Decathlon Europe. Concurso organizado polo Ministerio de Vivienda en colaboración coa Universidade Politécnica de Madrid e o apoio do Departamento de Enerxía de EEUU.

Trátase de desenvolver unha casa de aproximadamente 50-60 m2, totalmente autónoma, na que toda a súa enerxía veña do sol, sen descuidar o confort e a estética.
Pódense visitar as 20 casas solares do 18 ao 27 de xuño do 2010 en Madrid, na Villa Solar, zona Madrid Río, entre o Palacio Real e o río Manzanares, cunha extensión de 30.000 m2
Máis información


No hay comentarios: