A Fundación Galiza Sempre, có fin de difundir os valores culturais e patrimoniais da identidade galega e recoñecer o labor profesional dos arquitectos na recuperación e rehabilitación do patrimonio construído en Galicia, convoca a II edición dos premios Xosé Henrique Rodríguez Peña dotado con diploma e 6.000 euros. Poderán optar a este premio as obras ou traballos de rehabilitación, restauración e recuperación do patrimonio construído, realizados en Galiza e que foran totalmente rematados nos dous anos naturais anteriores ao da convocatoria.
Para saber máis
No hay comentarios:
Publicar un comentario