jueves, 21 de mayo de 2009

Norman Foster

Norman Foster, un dos arquitectos máis influentes do mundo, é o novo premio Príncipe de Asturias das Artes. A Fundación que otorga os premios recoñece a capacidade da arquitectura para definir o noso tempo.

Estudou arquitectura na universidade da súa cidade natal e completou os seus estudos cunha bolsa en Yale. De volta á Inglaterra, Foster traballou primeiro con Richard Buckminster Fuller e fundou en 1965 o estudo de arquitectos Team 4, que dous anos despois transformaríase en Foster and Partners. Os proxectos iniciais de Foster veñen marcados por un estilo High-tech ou de alta tecnoloxía, e aínda que cós anos as liñas dos seus edificios suavízanse, non perden nunca o seu selo industrial.

No 1999 recibe o premio Pritzker, ao que engade agora o Príncipe de Asturias.

Foster, 'arquitecto de la era global', nuevo Príncipe de Asturias de las Artes - Creador de la nueva casa del Barça


Foster, 'arquitecto de la era global', nuevo Príncipe de Asturias de las Artes - El edificio del alcalde londinense

Foster, 'arquitecto de la era global', nuevo Príncipe de Asturias de las Artes - Reminiscencias egipcias en Kazajistán



A gran escala e a audacia técnica dos seu edificios, fainos esquecer o que a obra Foster ten de utopía social e aventura estética. Desde os seus primeiros proxectos, como o realizado para a naviera noruega de Fred Olsen nos peiraos londinenses, onde reunía aos estibadores e aos oficinistas nun espazo único limitado por unha fachada de vidro, que era ao mesmo tempo un logro constructivo e unha declaración de intencións artística, a súa traxectoria procura mexturar os valores democráticos coa innovación tecnolóxica e có refinamento visual.

No hay comentarios.: