viernes, 22 de mayo de 2009

Máis Niemeyer

Niemeyer presenta nuevo proyecto en Brasil


O célebre arquitecto brasileiro Óscar Niemeyer ven de presentar en Río de Janeiro, a súa proposta para a futura Biblioteca dos Países Árabes e Sudamérica, que construirase en Arxelia. Segundo palabras do autor, a proposta busca a beleza da asimetría, a sorpresa e a emoción.

No proxecto móstrase un edificio central onde vai a biblioteca e ao seu carón, unidos por unha estructura curva, o auditorio e a sala de exposicións.

Inclue tamén un espazo residencial pensado para os investigadores que utilicen a biblioteca para os seus traballos.

A grande biblioteca construirase nunha superficie de cinco hectáreas na localidade costeira de Zeralda, preto da capital arxelina; a financiación e construcción corre por conta de Arxelia, aínda que no proxecto participan os 24 países da Liga Árabe e 12 de América do Sur.

O representante de Niemeyer subliñó os fortes lazos que unen ó arquitecto con Arxelia, país que acolleuno "como un irmán cando tivo que deixar Brasil fai 30 años pola situación política".

Obras de Niemeyer en Arxelia son a Universidade de Constantine e o Centro Cívico de Arxel.

No hay comentarios: