martes, 26 de mayo de 2009

De novo Palladio

Unha grande retrospectiva de Palladio, con máis de 70 debuxos da RIBA de Londres, vense de inaugurar en CaixaFórum de Barcelona. A mostra conmemora os 500 anos do nacemento do polifacético arquitecto italiano, 1508-1550, e nela podemos contemplar, ademáis dos debuxos, 14 maquetas e fotografías dos seus principais edificios, a basílica de Vicenza, Villa Rotonda, San Giorgio Maggiore de Venecia, ..., documentos, libros e cadros de pintores como Canaletto ou Tiziano.

A arquitectura de Palladio recoñécese fácilmente pola orden e a simetría das súas columnas e frontóns. O artista renacentista xuntaba as ensinanzas da tradición clásica coa busca dunha funcionalidade moderna.

No hay comentarios: