O crítico da arquitectura William Curtis denuncia os excesos cometidos en España por moitos arquitectos, dende a Cidade da Cultura de Eisenman en Santiago de Compostela , desproporcionada na súa escala e nada práctica, pasando polo Pazo de Congresos de Córdoba de Koolhaas, tamén horriblemente desproporcionada, ata os fungos xigantes de Jürgen Mayer na praza sevillana da Encarnación.
Para Curtis, a arquitectura vese convertida nunha especie de vulgar publicidade da plutocracia internacional e dos promotores inmobiliarios e avoga por unha arquitectura máis vinculada ás necesidades sociais e aos valores cívicos, humanos e ecolóxicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario