viernes, 6 de marzo de 2009

Deborah Berke

A biblioteca incorporou este semana un libro sobre esta arquitecta norteamericana no que se explora a sua carreira como arquitecta e deseñadora. Berke combina unha gran sensibilidade ás calidades intrinsecas dos materiais cunha coidada atención ao detalle.
Neste libro móstranse vinte e un dos seus proxectos nos que se inclúe un banco, un hotel, unha escola de arte....nos que se apropia dos parametros de cada problema arquitectónico para elixir a súa resposta creativa. Esta arquitecta recoñece a súa admiración a Louis Kahn e Eero Saarinen.

No hay comentarios: