lunes, 2 de octubre de 2006

Día da arquitectura e inauguración do curso

Tamén a arquitectura ten o seu día: hoxe, día 2 de outubro ás 19.30 na sede central do Colexio de Arquitectos haberá unha mesa redonda onde se falará sobre a residencia presidencial de Monte Pío, obra do arquitecto Manuel Gallego Jorreto.

E coincide con este día a data da inauguración do curso polo que aproveitamos para lembraros que podedes solicitar cursos de formación de usuarios: ensinámosche a moverte pola biblioteca , a utilizar os recursos e ferramentas básicas para a túa formación e, o máis importante, aprendémosche a non naufragar nas tubulentas augas da globalización da información. Apúntate xa, non sexas o último en subir ao carro da sociedade da comunicación e a información.

No hay comentarios: