viernes, 30 de junio de 2006

CATÁLOGO DA BIBLIOTECA

Xa está operativo o novo catálogo en línea (OPAC) da Biblioteca. Xa veredes que é moito máis amigable, está nun entorno web e podedes consultalo dende calquera ordenador, aínda que non sexa da UDC. Presenta algunhas novidades:
- Podedes renovar os préstamos dende o ordenador (incluso dende casa). Para isto precisades un PIN que moitos xa coñecedes. Os que non o saibades pasade pola Biblioteca e facilitarémovolo.
- Tedes unha sección de novas adquisicións para ver os novos documentos que ingresaron na Biblioteca.
- Pódense consultar dende a mesma interfaz os catálogos das Universidades de Vigo e Santiago.
- Pouco a pouco engadiranse outras ferramentas como a posiblidade de ver a bibliografía recomendada con enlace ao rexistro do documento.

Probádeo e seguro que vos gusta. Se tedes algunha dúbida ou atopades algun erro comunicádenoslo.

No hay comentarios: