viernes, 12 de mayo de 2006

Repositorio da UDC e PFCs

A raiz da noticia anterior xurdiu unha dúbida: ¿poderán consultarse os PFCs no noso repositorio?.
O noso repositorio (Dspace) está en funcionamento dende hai uns meses e polo de agora só hai traballos de investigación e unha tese. A intención é que, co apoio institucional (política de autoarquivo) se deposite todo o que se investiga na universidade e, por suposto, tamén os PFCs (da ETSA, EUAT, Informática e Camiños), como se está facendo nos outros repositorios da península (Recercat, UPC, UCM e o da Universidade do Minho). Como digo, para eso é imprescindible o apoio da institución. Creo que o único que fai falla é un cambio de mentalidade hacia os nosos traballos: que o autor se de conta de que se o seu traballo está nun repositorio institucional 1- terá maior visibilidade, 2- serán moitos os que o consulten e coñezan as súas aportacións, 3- acadará maior impacto, 4- acadará maoir prestixio na súa área e colaborará para que a súa universidade teña tamén un maior prestixio internacional, 5- non terá que preocuparse pola preservación dos seus traballos (nin pola migración de soportes), 6- terá unha url persistente. Se queredes saber máis sobre o repositorio entrade nél e tamén podedes consultar un documento dos seus creadores no mesmo repositorio.

No hay comentarios: