Durante este Nadal podese visitar a exposición deste arquitecto portugués
que estará aberta na sede da Coruña da Fundación Barrie ata o 3 de abril de 2011.
Autor dunha vasta obra,toda a carreira profesional e docente de Byrne está cruzada pola súa sensibilidade cara ao patrimonio e a cultura. Os seus proxectos son plataformas mediadoras de relación entre o home e o medio, que ilustran a capacidade dinámica e regeneradora da arquitectura como ferramenta transformadora da cidade e do territorio.
Xa se pode consultar o catálogo da exposición na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario