lunes, 27 de diciembre de 2010

Cen por cen Seoane. Cen anos, cen lugares.

Cen lugares que abordan a complexa figura de Luís Seoane, un personaxe que cultivou tanto disciplinas plásticas como intelectuais, tendo por horizonte dúas culturas en dous espazos afastados,Galicia e Arxentina. A exposición está configurada en cen categorías ,cifra que se quixo facer coincidir cos cen anos do seu nacemento, para mostrar a riqueza desta personalidade que foi algo máis que un creador plástico.
Está formada por 350 obras orixinais (pinturas, debuxos, gravados, carteis...), tanto de Seoane como doutros artistas que tiveron relación con él, 220 documentos orixinais (libros, álbums, textos ,autógrafos, dedicatorias, cartas), e 130 reproducións, moitas delas fotográficas, referidas á súa vida.
Ata o 28 de febreiro podemos visitala na sede da Coruña da Fundación Caixa Galicia.

No hay comentarios: