Este é o título do I Encuentro Internacional de Arquitectura Religiosa que organiza o Bispado de Ourense e a Delegación de Ourense do COAG para os días 27, 28 e 29 de setembro.
O primeiro día estará adicado á incidencia da liturxia na arquitectura; o segundo á reflexión sobre o espazo sagrado a través dalgunhas das obras máis significativas da arquitectura relixiosa contemporánea; e o terceiro ao debata sobre a inclusión da arte contemporánea no espazo de culto. Ademais das conferencias haberá cada día unha mesa redonda na que intervirán os ponentes, un concerto de música relixiosa no convento de San Rosendo de Celanova e unha exposición fotográfica na Catedral de Ourense sobre arquitectura relixiosa na Galicia do século XX, obra de Vari Caramés.
Entre os ponentes estarán: Walter Zahner (Regensburg), Eduardo Delgado Orusco (Madrid), Giorgio della Longa (Bolonia) o María Antonietta Crippa (Milán), arquitectos como José Oubrerie (que acaba de terminar en Firminy la iglesia de Saint-Pierre, de Le Corbusier), Alvaro Siza o Ignacio Vicens Hualde, e historiadores del arte como Mercé Gambús (promotora de la intervención de Miguel Barceló en la Catedral de Palma de Mallorca).
No hay comentarios:
Publicar un comentario