martes, 6 de octubre de 2009

Ciclo de animación na Fundación Luis Seoane

Ata o día 10 de outubro a Fundación Luís Seoane ofrecerá unha selección excepcional de películas que reúne a moitos dos máis destacados autores da animación do século XX.
Este ciclo pretende ofrecer unha visión o máis ampla posible dunha arte que comezou de forma experimental e que foi transformándose aos poucos ata converterse en parte imprescindible da expresión artística contemporánea, a través da obra de artistas como Winsor McCay, Emile Cohl, Bill Plympton e moitos outros.

No hay comentarios.: